Saturday 04 de May de 2024

Últimos días para anotarse en Frades á charla “Consumo na rede”, sobre os riscos nas redes sociais, compras en Internet e xogos en liña


 

O Concello de Frades e a Escola Galega de Consumo organizan a charla “Consumo na rede: hábitos, actitudes e comportamentos”, que terá lugar o venres 16 de novembro ás 17:00 horas no multiúsos de Frades. Unha charla de asistencia totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes deste venres 9 de novembro.

A charla será impartida por formadores do Programa Cores, educación para o consumo responsable, que farán unha aproximación aos problemas do consumo na Rede, achegando consellos e recomendacións fronte aos riscos que poden presentarse nas redes sociais, nas compras na Internet, nas descargas de APP e nos xogos e apostas en liña.